Na festa de Nadal en primeiro lugar os nenos saudaron a Papá Noel e aos seus axudantes, recibindo agasallos. A continuación, actuaron todos os alumnos do
CEIP Eduardo Pondal para as familias e finalmente, tomaron o chocolate con bizcoito.
Vídeo actuación Nadal 2.016
Gravación mestres e montaxe Ángeles Formoso.
O noso agradecemento a todos os que colaboraron e fixeron posible esta festa.
Dentro do proxecto de cine da Biblio Crocaio, do CEIP Eduardo Pondal, busquei vilancicos relacionados cos elixidos polos compañeiros. Inclúense dentro desta montaxe vilancicos de "Minions", "Star Wars", "Harry Potter" e "Hotel Transilvania 2".
Desfrutade!
CUENTO DE NAVIDAD, en galego Conto de Nadal, tivo éxito inmediatamente e foi traducido a todos os idiomas, realizándose posteriormente múltiples cinemas sobre o tema, así coma musicais e obras de teatro.
A novidade máis recente chega coa panxoliña PAPARRUCHAS, con letra e música de XOSÉ LUEIRO, inspirada na personaxe de Mr. Scrooge, que publicou dita obra nun libro de texto da Editorial Galinova. A nosa noraboa e agradecemento.
XOSÉ LUEIRO
Autor da panxoliña PAPARRUCHAS.
A cinema "MUCHAS GRACIAS MR SCROOGE", producida por Paramont Pictures, foi unha película musical de 1.970, baseada na novela de Dickens: A Christmas Carol,
que obtivo os seguintes premios:
1.970: 4 nominacións aos Óscar: Dirección artística, vestuario, canción, canción orixinal de BSO. Sendo o autor da música Leslie Briccusse.
1.970: Globos de Oro: mejor actor musical/comedia (Albert Finney). 5 nominacións.
1.970: Premios BAFTA: Nominada á mellor dirección artística.
Agradecer a D. Josep Maria Figueras Salabert este vídeo do cinema "MUCHAS GRACIAS, MR SCROOGE", publicado en yotube o 4 de xaneiro de 2.011.
Outra versión musical de "CUENTO DE NAVIDAD", realizada pola compañía "La Bicicleta", no teatro Sanpol de Madrid, e que foi incorporado a youtube polo Teatro Sanpol o 18 de xuño de 2.007, o noso agradecemento.
Se queres coñecer as mellores versións de "CUENTO DE NAVIDAD" de DICKENS (Clica no nome do afamado novelista e escritor e poderás ver esceas de múltiples versións da película, incluida unha en 3D)
E para concluir, dado que estamos no proxecto do cine na Biblioteca Crocaio, dúas películas de CUENTO DE NAVIDAD en debuxos animados.
Un Cuento de Navidad (1971)
Publicado el 31 de octubre de 2.012 por Dimas Gayol.
CUENTO DE NAVIDAD de Disney (Español latino) Son 3 vídeos.
O "villancico" orixinal é "Rudolph, the Red-nosed Reindeer", foi adaptado por Johnny Markes no seu idioma orixinal en 1.948, do personaxe "Rodolfo el reno" que aparece no poema de 1.939 de Robert L. May. "Twas the Night Before Christmas", cantado por primeira ver por Harry Brannon e grabado por primeira vez en 1.949 por Gene Autry.
A canción foi lanzada en México no ano 2.006 para promocionar o disco Navidad con Amigos.
O vídeo foi estreado o 29 de novembro de 2.005 por Telehit.(Canal de televisión mexicano). Adaptacións do villancico:
- Orixinal: Rudolpj, The Red-Nosed Reindeer.
- Español: Rodolfo el reno o Rodolfo el reno de la nariz roja.
- Finés: Petteri Punakuono.
- Francés: Le p´tit renne au nez rouge.
- Alemán: Rudolph das kleine Rentier.
KARAOKE VILLANCICO: RODOLFO EL RENO.
O noso agradecemento a Asishi Danae Coral Barriga, por publicar en Karaoke esta panxoliña, o 2 de decembro de 2.012
PELÍCULA RODOLFO EL RENO
Poderedes escoitar outra versión da canción de Rodolfo el reno.
Grazas a "verpeliculasfull", por subir o 24 de decembro de 2.011 esta película
"Buscando unha estrela" pertence ao disco O Quiquiriquí: Cancións para o
Nadal.
Este disco foi producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e
os Estudios Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e
Difusión Cultural da Xunta de Galicia e PAI-Música.
Vídeo subido por PAI Música o 15 de xaneiro de 2.007
Interpretando el mesmo a panxoliña ·BUSCANDO UNHA ESTRELA,
na TVG, no programa Heicho cantar.
Publicado o 21 de xuño de 2.016 en youtube por
Músicas do país.
Cantautor galego nado na Garda en 1.972.
TINO BAZ amosou dende rapaz unha clara disposición pola música galega, probablemente herdada do seu pai e sempre presente no seu entorno familiar. Comeza a tocar a gaita aos oito anos no grupo "Os Pelouros" e posteriormente incorpórase ao grupo "Os Petóns". SUSO VAAMONDE fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo A RODA, como gaiteiro, cantante e percusionista. Tino canta a poesía galega, influíndo e tendo relación cos grupos "FUXAN OS VENTOS" e "A QUENLLA", sendo moi relevantes nos coñecementos e transmisores da cultura galega MINI e MERO.
Deixa o grupo A Roda en 1.997 e comeza a súa andaina en solitario. O seu repertorio consta de adaptacións de pezas populares coa voz de grandes poetas. Ten cantigas de poemas de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, María Campo, Bernardiño Graña,...
Nos seus concertos podemos disfrutar e velo tocar a zanfona, a gaita, a guitarra e distintos instrumentos de percusión.
Para ESCOITAR e coñecer mellor a este artista, clica en escoitar, alí tes a posibilidade de coñecer máis datos da súa biografía.
Con motivo da celebración da Constitución Española o vindeiro 6 de decembro.
RAP DE LA CONSTITUCIÓN do CEIP LOS ÁNGELES de Miranda de Ebro (Burgos), Primeiro premio categoría A: centros que imparten ensinanzas de educación infantil, primaria e educación Especial, Publicado o 14 de xaneiro de 2.016 por Educacyl Portal de Educación
A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA é bastante recente, foi aprobada en referéndum polo pobo español o 6 de decembro de 1.978. supuso a culminación da transición á democracia, que tivo lugar como consecuencia da morte, o 20 de novembro de 1.975, do anterior xefe de Estado: Franco, provocando unha serie de acontecementos políticos e históricos que transformaron o anterior réxime dictatorial nun ESTADO SOCIAL E DEMOCRÁTICO, que teñen como valores a liberdade, a xusticia, a igualdade e o pluralismo político.
TODOS OS PAÍSES DEMOCRÁTICOS TEÑEN A SÚA CONSTITUCIÓN, documento onde recóllense os dereitos e deberes de cada país.
Explicación "Qué es la Constitución".
Agradecer a International IDEA a explicación de que é a constitución, o 11 de marzo de 2.015.
Estes vídeos moi sinxelos, foron realizados en relación coa constitución Arxentina.
Que é a CONSTITUCIÓN ?
Creado por Canal Encuentro e subido a youtube o 23 de novembro de 2.011.
BEA CAMPOS, contacontos, estivo no CEIP Eduardo Pondal cos alumnos de infantil e primaria e cantou esta cantiga.
Aquí a tedes nun vídeo que subiu Carlos Barba o 5 de septembro de 2.009.
Esta e outras cantigas aparecen no seguinte libro: